COMO COMPRAR ONLINE
COMPRA SEGURA
Unha das nosas máximas prioridades é a seguridade da información que os usuarios depositan en Lefties.com.
Para que os teus datos se procesen en ámbitos seguros, dende Lefties.com investimos todos os recursos necesarios e traballamos coas últimas tecnoloxías dispoñibles.
A TÚA CONTA EN LEFTIES
En Lefties.com podes realizar a túa compra como usuario REXISTRADO
Comprar en Lefties.com é moi sinxelo! Só tes que seguir os seguintes pasos:
1. Rexístrate para tramitar a túa compra! Para iso, accede ao apartado de Iniciar sesión – Crear conta e rexístrate de forma gratuíta enchendo os teus datos.
2. Durante todo o proceso de rexistro, encontrarás exemplos de formato que che axudarán a introducir os datos que necesitamos. Unha vez rexistrado, poderás realizar un mellor seguimento do estado do teu pedido na túa conta persoal.
3. Utiliza o noso menú ou o noso buscador e encontra o artigo que queres comprar.
4. Selecciona o teu talle e engade os artigos que desexes á cesta. Visualiza na cesta da compra o contido da túa compra e modifica ou elimina o número de unidades do teu pedido sempre antes de finalizar a compra.
5. Cando remates de engadir produtos, selecciona a opción de "Tramitar pedido".
6. Elixe un modo de envío, tes varias opcións que poderás encontrar no apartado de Envío que atoparás en Axuda, escolle a que mellor se adapte ás túas necesidades!
7. Para poder finalizar elixe a forma de pagamento. Ofrecemos varias opcións que verás no apartado Pagamentos de Axuda.
Tras seguir todos estes pasos, xa podes confirmar o teu pedido e gozar en moi pouco tempo da túa compra!
Recorda que, unha vez finalizado o teu pedido, recibirás un correo electrónico de confirmación co resumo da túa compra.
As pezas compradas en Lefties.com pódense cambiar por outro talle ou cor nunha das nosas tendas Lefties, sempre que estean en perfecto estado, dispoñamos de stock na tenda, manteñan o mesmo prezo e, sempre e cando, sexan do mesmo mercado dende o que se realizou a compra.
Se excepcionalmente recibes unha peza con algunha tara, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente.
Dispós de 30 días dende a data na que recibas o correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido para realizar un cambio ou devolución da túa compra en Lefties.com.
IPOD TENDA
As nosas tendas contan con dispositivos móbiles IPODS que poden ser utilizados para comprar artigos online. Pide máis información ao noso persoal e asesorarante sobre esta modalidade de compra.
Para o envío do teu pedido IPOD, podes utilizar calquera dos métodos de envío dispoñibles, incluíndo o envío á propia tenda na que te encontres, e completar o pagamento na caixa da tenda.
Ao realizar o pagamento na caixa da tenda, poderás realizar a devolución dos teus artigos en calquera tenda de Lefties do mesmo mercado no que realizaches a túa compra.
COMO COMPRAR DENDE AS ILLAS CANARIAS
Para poder realizar as túas compras con envío ás Illas Canarias, ao acceder á nosa web, tes que seleccionar o país España – Illas Canarias na parte inferior da nosa páxina. Podes acceder de xeito rápido a través deste link:
https://www.lefties.com/ic/