CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS
COMO DEVOLVER
Para realizar unha devolución, dispós de 30 días dende a data de recepción do correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido.
Poderás realizar a devolución dos teus artigos sempre e cando se respecten as condicións que se citan a continuación:
1. As pezas teñen que estar en perfecto estado e co seu correspondente tícket. Non se admitirá a devolución das pezas que xa fosen usadas ou lavadas, ou que non teñan a súa etiqueta interior.
2. Non se admiten cambios nin devolucións de artigos sen o envoltorio e/ou precinto orixinal completo
3. Por motivos de hixiene, non se poden cambiar nin devolver os produtos de perfumaría que non leven envoltorio nin precinto
4. Auriculares, cascos, botellas, produtos de coidado e hixiene corporal, por motivos de hixiene, non se poden cambiar nin devolver.
5. Non se admiten cambios nin devolucións de roupa interior e baño sen adhesivo hixiénicoou precinto orixinal.
6. Os produtos en formato «PACK» son indivisibles e non poderán devolverse parcialmente ou de forma individual.
7. Non se admiten cambios e devolucións de pezas modificadas/personalizadas a petición do cliente nin de artigos comprados noutro mercado.
Tras aprobar a devolución, recibirás un correo de confirmación e o importe se che aboará mediante a mesma forma de pagamento no que realizaches a túa compra e nun prazo máximo de 15 días laborables.
Encontra máis información sobre a nosa Política de Cambios e Devolucións ou da desistencia nas nosas
Condicións de Compra.
Ofrecémosche dúas opcións para realizar a devolución dos teus artigos!
TENDA LEFTIES - GRATUÍTO
Tes 30 días dende a data de recepción do correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido para realizar a túa devolución.
As devolucións feitas en tenda física son gratuítas e poderás realizar a devolución do teu pedido en calquera tenda Lefties do mesmo país no que realizaches a compra.
As compras realizadas nas Illas Canarias só poderán devolverse en tendas Lefties das Illas Canarias e non poderán devolverse no resto das tendas Lefties do territorio peninsular.
Para a devolución en tenda non é preciso realizar unha solicitude na WEB/ APP. Só terás que presentar os artigos que queiras devolver xunto co tícket de compra, que podes levar no teu móbil ou impreso. Non serán válidas as capturas de pantalla.
Para obter o tícket de compra, inicia sesión co teu usuario e contrasinal no apartado A miña Conta - As miñas compras. Tamén recibirás o tícket mediante correo unha vez que o teu pedido sexa enviado.
Para compras IPOD tenda, enviarémosche unha ligazón por SMS para acceder ao seguimento do teu pedido e descargar o teu tícket electrónico.
No caso de que non poidas acudir á tenda, a persoa que ti elixas poderá facelo no teu lugar sempre que dispoña do tícket de compra.
PUNTO DE ENTREGA DEVOLUCIÓN - 1,99 €
Tes 30 días dende data de recepción do correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido para realizar a túa devolución nun punto de entrega.
As opcións de devolución nun punto de entrega están unicamente dispoñibles para compras online. Non é válida para artigos que fosen comprados nas nosas tendas físicas nin compras realizadas en IPOD en tenda; se desexas realizar unha devolución, deberás acudir a unha das nosas tendas.
Para realizar unha devolución en punto de entrega, só tes que iniciar sesión co teu usuario e contrasinal e seguir os pasos que se indican no apartado A miña conta - As miñas compras/ Detalle de pedido. Se queres realizar a devolución de artigos incluídos en varios pedidos, é necesario solicitar a etiqueta de devolución para cada un deles. Non será posible realizar a devolución nun único paquete de artigos procedentes de pedidos diferentes.
Unha vez realizada a solicitude, recibirás no teu correo un código de barras que poderás imprimir e pegar no paquete ou, se o prefires, ensina no teu móbil o código de barras que aparece na etiqueta recibida no teu correo sen necesidade de imprimila. Ao facilitarche nós o código de barras, non tes que escribir ningún enderezo de envío no teu paquete.
As devolucións nun punto de entrega (Drop Off) teñen un custo de 1,99 €, que se che descontará do importe total da devolución. Para ver os puntos dispoñibles fai clic
[AQUÍ]
DEVOLUCIÓN DUN PRODUTO COMPRADO EN LEFTIES.COM CUNHA TARXETA REGALO
Para as devolucións das compras que pagues con tarxeta regalo en Lefties.com, recibirás unha copia virtual desa tarxeta co saldo actualizado, xunto co correo electrónico de confirmación da devolución.
Esta tarxeta poderá utilizarse online ou en calquera tenda do grupo Inditex: Zara, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Lefties, Stradivarius, Oysho e Zara Home.
COMO CAMBIAR
As pezas de roupa compradas en LEFTIES.com pódense cambiar por outro talle ou cor só nas nosas tendas Lefties, sempre que estean en perfecto estado, dispoñamos de stock na tenda e manteñan o mesmo prezo.
Se o que desexas é cambiar a túa compra por outro artigo distinto, deberás devolvelo e realizar un novo pedido online.
Recorda que dispós de 30 días dende data de recepción do correo electrónico de confirmación de envío do teu pedido para realizar o cambio.