E-TICKET
COMPRAS EN TENDA
Todos os teus tíckets de compra en tenda física agora en formato electrónico!
En Lefties, o e-tícket é a aposta por minimizar o impacto no medio e reducir o consumo de papel.
1. Para obter o e-tícket entra en Lefties desde a app, accede a A miña conta e mostra o teu QR Lefties ao pagar en caixa, deste xeito recibirás o tícket de compra en tenda directamente na túa app.
2. Poderás consultar os teus tíckets en calquera momento, en A miña conta > As miñas compras > Tenda.
3. Para realizar un cambio ou devolución da túa compra en tenda, ensina o e-tícket na pantalla do teu móbil. Encontraralo na túa conta > As miñas compras > Tenda.
4. Asegúrate sempre de recibir o e-tícket antes de saír da tenda. No caso de non recibilo, no mesmo momento, o equipo de tenda poderá axudarte.
Ante calquera incidencia posterior, contacta co noso servizo de atención ao cliente.
COMPRAS ONLINE
1. Recibirás o tícket electrónico de todos os teus pedidos comprados online. Encontraralo adxunto nos correos recibidos do seguimento do teu pedido.
2. Terás dispoñibles todos os tíckets electrónicos das túas compras online na túa conta de cliente tanto en web coma en app. Accede a: A miña conta> As miñas compras > Online.
3. Para realizar un cambio ou devolución en tenda con tícket electrónico, ensina o tícket electrónico na pantalla do teu móbil. Encontraralo en A miña conta > As miñas compras > Online.
4. Para realizar unha devolución da túa compra nun punto de entrega, só tes que seleccionar os artigos que queres devolver desde A miña conta > As miñas compras > Selecciona o pedido a devolver > Devolver > Devolver en punto de entrega.