EMPRESA
Quen somos
Lefties é unha das principais empresas de moda accesible a ámbito nacional e internacional. Actualmente opera en dezaseis mercados (España, Portugal, Andorra, México, Qatar, Arabia Saudita, Marrocos, Túnez, Emiratos Árabes Unidos, Exipto, Israel, Bahrein, Túnez, Omán, Romanía e Turquía), onde conta cunha rede de establecementos nas principais cidades de cada país. Forma parte do Grupo Inditex, un dos maiores grupos de distribución do mundo.
Lefties diríxese a todos os públicos e idades. A compañía ten así seccións de señora, cabaleiro, nena, neno e bebé, que contan coas súas respectivas liñas de calzado e complementos.
Lefties completa a súa oferta con coleccións Homewear, Roupa de Deporte e Roupa Interior.
O modelo de negocio de Lefties integra deseño, fabricación, distribución e venda a través dunha ampla rede de tendas propia.
Grupo Inditex
Inditex é un dos principais distribuidores de moda do mundo, con máis de 7.000 establecementos en 96 mercados e venda en 202 mercados a través da súa plataforma online.
A singularidade do seu modelo de xestión —baseado na innovación e a flexibilidade— e os logros alcanzados converteron a Inditex nun dos maiores grupos de distribución de moda.